Procesamento Analítico

Na Unidade de Procesamento Analítico lévanse a cabo as seguintes tarefas asistenciais:


SEROLOXÍA DE ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

Realízase o estudo serolóxico das seguintes probas obrigatorias HBsAg, HIV-Ac HIV-Ag, HCV-Ac; completado co cribado de anticorpos fronte a Treponema Pálidum (test serológico de Sífilis). A aqueles doantes que a través da entrevista predonación o médico considera que presentan risco de enfermidades como Malaria ou Chagas (pola súa procedencia, viaxes...), completarase o estudo con probas de enzimoinmunoanálisis para Malaria e de quimioluminiscencia para Chagas. Se existise risco para virus linfotropos humanos (HTLV I/II), realizaríase un test adicional de cribado de anticorpos sobre mostra illada (sen doazón) ou sobre mostra piloto da doazón se esta se produciu.

TIPAXE ABO / D

Realízase o estudo de grupo ABO hemático e sérico; así como estudo Rh (D e CDE) e débil a mostras Rh-D negativas.

ESCRUTINIO DE ANTICORPOS IRREGULARES

É unha proba obrigatoria só en dous supostos: que o doante (home ou muller) recibise no pasado unha transfusión, ou que a doante tivese embarazos.

HEMATOLOXÍA

Realízase un hemograma mediante autoanalizadores hematológicos, deste xeito facemos recontos das tres grandes series de elementos celulares do sangue (leucocitos, plaquetas, glóbulos vermellos) e doutros parámetros como a hemoglobina, o ​hematocrito ou os parámetros corpusculares (VCM). Estes resultados seranlle comunicados ao doante a través do correo de agradecemento.

OUTRAS PROBAS

O laboratorio completa a súa actividade con outras probas non obrigatorias, como perfil bioquímico aos doantes de Aféreses (Proteínas totais, Albúmina e Inmunoglobulinas), fenotipos eritrocitarios doutros sistemas de grupo, estudos inmunohematolóxicos a doantes e pacientes.


Comparte vida, únete a nós.