Hemodoazón e Aférese


Cada día, os hospitais galegos atenden máis de 160.000 procesos sanitarios, levan a cabo 14.100 probas diagnósticas e atenden 5.100 estancias hospitalarias. Os hospitais galegos necesitan cada día entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplante de órganos e tecidos, ademais de 1.600 atencións nos hospitais de día.

Doar sangue é fácil, un equipo médico realiza unha revisión do estado de saúde do doante e para a extracción utilízase material estéril e dun só uso. De cada doazón de sangue obtéñense 3 compoñentes, co que con cada doazón pódense salvar tres vidas.

A unidade de Hemodonación e Aférese é a encargada de realizar as extraccións de sangue e aférese na Comunidade Autónoma de Galicia. Disponemos de Locais de Doazón de sangue nas 7 grandes cidades de Galicia e 10 Unidades Móbiles que percorren máis de 250.000 quilómetros cada ano, realizando máis de 3100 desprazamentos a 800 localizacións diferentes. En persoal tenemos 27 médicos/as, 45 enfermeiros/as, 16 TCAES e 17 condutores, distribuídos en equipos que cada día percorren Galicia. A intención é brindar facilidades aos cidadáns achegándonos a o seu lugar de residencia, o seu lugar de traballo, ou o seu lugar de estudos.

Es responsable dos seguintes procesos:

DOAZÓN DE SANGUE

Todo o proceso de doazón dura aproximadamente 30 min; ao chegar un médico valorará o teu estado de saúde e fará unhas sinxelas probas para comprobar que o teu estado é o óptimo para doar. A continuación o persoal de enfermería realizará a extracción e logo pasará á zona de refrixerio, onde recuperarás o volume de líquido cunha bebida e un pequeno bocadillo para recuperar forzas.

Xa está, salvaches tres vidas.

DOAZÓN MEDIANTE AFÉRESE

A AFÉRESE é unha forma diferente de doazón de sangue. Neste proceso recóllese un pequeno volume de sangue, sepárase o elemento necesario e restitúense o resto de compoñentes ao doante.

Na actualidade, na Axencia realizamos diferentes procesos de extracción de compoñentes mediante aféreses:

Plaquetoféresis: no que se obtén unha unidade de plaquetas

Plaquetoplasmaféresis: no que se obtén unha unidade de plaquetas e unha de plasma

Citaféresis: no que se obtén, ademais do anterior, unha unidade de hematíes.

Este tipo de doazón permítenos obter unidades de maior calidade ao ser dun só doante, importante para satisfacer a demanda hospitalaria.

Épecial mención require a recollida de plasma de doante individual mediante aférese (PLASMAFÉRESIS), que se utiliza para a obtención de albúmina, factores de coagulación, e outro tipo de medicamentos derivados do plasma, que se distribúen nos hospitais de comunidade. Este tipo de doazón é importante para chegar á autosuficiencia neste tipo de produto.

DOAZÓNS ESPECIAIS

A extracción de autodonaciones, doazóns dirixidas e outro tipo de doazóns necesarias para casos especiais tamén se realiza nos locais da Axencia e son realizadas polo noso persoal.

A TENCIÓN AO DOANTE CON ALTERACIÓNS ANALÍTICA

Nalgúns casos as análises das doazóns atopan algún resultado que necesita ser comprobado, para preservar, en primeiro lugar, a saúde do doante e tamén para a dos receptores. Os nosos profesionais encárganse deste traballo, realizando a entrevista e a comprobación necesaria con total confidencialidade.

Comparte vida, únete a nós.