A COORDINACIÓN AUTONÓMICA DE TRANSPLANTES DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PROMOVE UNHA NOVA EDICIÓN DO CURSO DE COMUNICACIÓN EN SITUACIÓNS CRÍTICAS PARA PROFESIONAIS SANITARIOS

ADOS e a Organización Nacional de Transplantes desenvolven esta iniciativa en distintos puntos de Galicia para posibilitar unha axeitada formación na área de doazón e transplante de órganos

Santiago, 30 de xaneiro do 2020.

A Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, xunto coa Organización Nacional de Transplantes (ONT) está a promover ao longo da presente xornada o “Curso de Comunicación en Situacións Críticas: influencia no proceso da doazón”, destinada a profesionais sanitarios das áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Barbanza.

No transcurso desta formación, a primeira impartida no presente ano e que precede aos cursos que se levarán a cabo os vindeiros días 5 e 6 de febreiro en Ourense e na Coruña, se desenvolverán distintos obradoiros destinados a analizar os procesos de comunicación para facilitar aos profesionais sanitarios a adquisición das ferramentas e habilidades axeitadas no momento de comunicación de malas novas.

Unha veintena de profesionais sanitarios vencellados á actividade de doazón e transplante de órganos, participarán en sesións de traballo nas que se abordarán distIntos aspectos, tales como afrontar a perda e separación e os comportamentos e sentimentos asociados tras o falecemento dun ser querido, así como a actitude dos profesionais nestes momentos especialmente sensibles.

Esforzo formativo

O área da coordinación autonómica de transplantes de ADOS está a facer un especial esforzo, desde hai anos, por potenciar e mellorar a formación dos profesionais sanitarios do sistema público de saúde de Galicia e que abrangue a todos ós ámbitos de traballo do programa de doazón e o transplante de órganos. 

Deste xeito, no pasado ano 2019, o programa de formación especializado en doazón e transplante de órganos para os profesionais que participan na rede da coordinación de transplantes de Galicia promoveu a realización de tres seminarios de comunicación de malas noticias no proceso de doazón. 

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Comparte vida, únete a nós.