A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E O CONCELLO DA LARACHA PROMOVEN A PARTICIPACIÓN DA VECIÑANZA NA CAMPAÑA DE VERÁN 2020

Este concello coruñés supera a taxa de doazón recomendada pola OMS, 51 doazóns por cada 1.000 habitantes

A Laracha (A Coruña), 9 de xullo de 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración co Concello da Laracha, a campaña especial de verán. A iniciativa foi presentada esta maña, nunha rolda de prensa que tivo lugar na Casa do Concello, e que contou coa
presencia da directora de ADOS, Marisa López García, e o alcalde José María López Varela.

A directora de ADOS salientou o carácter xeneroso da veciñanza da Laracha que, durante o ano 2019, realizou un total de 583 doazóns, cifra que representa un índice de 51 doazóns por 1.000 habitantes, o que supón un incremento do 8,2% respecto do ano anterior.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doantes, evitando esperas, -sinalou a directora-.

Aquelas persoas que desexen doar deben chamar ao número 900 100 828 para acordar a hora máis conveniente.

CONCELLO DA LARACHA:

CAIÓN
xoves 16 de xullo de 2020
unidade móbil na Praza das 16:00 a 18:30 horas

PAIOSACO
xoves 16 de xullo de 2020
unidade móbil no Campo da Feira das 19:00 a 21:00 horas

LARACHA
luns 20 de xullo de 2020
Unidade móbil na Praza do Concello 
Das 10:00 ás 14.00 e de 16.00 ás 21.00 horas

Chamada á participación

Nas xornadas previas á visita da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue A Laracha, lembrarase nas pantallas municipais que ten o concello, a importancia da doazón de sangue, apelando á participación nas campañas de doazón de sangue. Sinalar que, na actualidade, están baixas as reservas dos grupos A+ e B+.
O Concello da Laracha e ADOS amosan o seu agradecemento a toda a veciñanza que participa cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten, deste xeito, á recuperación de moitos enfermos. 

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS EN SANGUE

Comparte vida, únete a nós.