Este concello pontevedrés supera a taxa de doazón recomendada pola OMS, 44 doazóns por cada 1.000 habitantes
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 17 de xullo de 2020 .-
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración co Concello de Vilagarcia de Arousa, a campaña especial de verán. A iniciativa foi presentada esta maña, nunha rolda de prensa que tivo lugar na Casa do Concello, e que contou coa presencia da directora de ADOS, Marisa López García, e a concelleira de sanidade Matilde Laya.
A directora de ADOS salientou o carácter xeneroso da veciñanza de Vilagarcía de Arousa que, durante o ano 2019, realizou un total de 1.655 doazóns, cifra que representa un índice de 44 doazóns por 1.000 habitantes, o que supón un incremento do 5,3% respecto do ano anterior.
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doantes, evitando esperas, -sinalou a directora-.
Aquelas persoas que desexen doar deben chamar ao número 900 100 828 para acordar a hora máis conveniente.
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA:
mércores 22 de xullo de 2020
Unidade móbil no Peirao de 16.00 ás 21.00 horas
xoves 23 e venres 24 de xullo de 2020
unidade móbil diante da Autoridade Portuaria
tarde 16:00 a 21:00 horas
venres 24 de xullo de 2020
unidade móbil na Alameda de Carril de 16.00 ás 21.00 horas
Chamada á participación
Nas xornadas previas á visita da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue a Vilagarcía de Arousa o concello lembrará a importancia da doazón de sangue, apelando á participación nas campañas de doazón. Sinalar que, na actualidade, están baixas as reservas dos grupos A+ e B+.
O Concello de Vilagarcía de Arousa e ADOS amosan o seu agradecemento a toda a veciñanza que participa cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten, deste xeito, á recuperación de moitos enfermos.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS EN SANGUE