ADOS promove esta iniciativa, en colaboración coa corporación municipal, que achega información relativa ao solidario xesto da doazón de sangue a clubes e entidades deportivas deste concello coruñés
Arteixo, martes 4 de febreiro de 2020.
A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López Garcia, acompañada polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e a concelleira municipal de Deportes, Purificación Zas, presentaron esta maña o proxecto “Deporte Solidario” que procura a colaboración de todos membros dos clubes e entidades deportivas deste municipio coruñés.
Desde ADOS, salientase que tratase da primeira iniciativa deste proxecto, que tentará espallarse nos vindeiros meses polos concellos das catro provincias. Así mesmo, a directora da Axencia, agradeceu á corporación municipal de Arteixo a súa implicación nesta iniciativa que tivo, a pasada semana, a sua primeira reunión que contou coa asistencia de representantes de máis de 30 clubes e entidades deportivas do municipio.
Visita unidade móbil
Mediante este programa, o Concello de Arteixo está a distribuir desde a súa web a as súas redes sociais, información sobre o xeneroso xesto da doazón a todas as entidades deportivas municipais para que promovan a participación dos seus integrantes na campaña de doazón de sangue que terá lugar en Arteixo os días 12, 13, 14 e 15 de febreiro. A unidade móbil de ADOS efectuará os seguintes desprazamentos:
Mércores 12 de febreiro:
- Meicende, unidade móbil diante de Abanca, das 15:30 ás 18:30 horas.
- Villarrodís unidade móbil diante de Alcalde Platas Varela nº 83, das 19:00 ás 21:00 horas. Xoves 13 de febreiro:
- Oseiro, unidade móbil diante da urbanización Sol e Mar, das 16:00 ás 18:30 horas.
- Pastoriza, unidade móbil diante de Travesía de Pastoriza nº 54, das 19:00 às 21:00 horas. Venres 14 de febreiro:
- Arteixo, unidade móbil na entrada da rúa peonil das 10:00 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas.
Sábado 15 de febreiro:
- Arteixo, unidade móbil na entrada da rúa peonil das 10:00 ás 15:00 horas.
A dirección de ADOS salienta a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para acadar unha conciencia solidaria proclive á doazón como, nesta ocasión, está a impulsar a Concellería de Deportes de Arteixo e as entidades deportivas municipais, xa que poden unir os positivos valores do mundo do deporte á nosa mensaxe e transmitila con maior proximidade por ter un amplo calado social.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer sinceramente a todos os membros dos clubes e entidades deportivas de Arteixo, así como á corporación municipal, a súa especial sensibilidade a prol da doazón de sangue, así como convidar a todos os concellos de Galicia a que se sumen ao proxecto “Deporte Solidario”
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE