Esta campaña percorrerá durante os meses de xullo, agosto e setembro a distintas vilas e cidades de Galicia. O obxectivo desta iniciativa pasa por aumentar a participación dos galegos e galegas na época estival
Santiago de
Compostela, 6 xullo de 2023.- A Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS), promove dende a cidade de Pontevedra o inicio da campaña
especial “Verán 2023. Ti es o protagonista”, que achegará o xesto solidario da
doazón de sangue a distintos concellos da xeografía galega, e na que se
pretende render unha homenaxe aos doante mediante o slogan “Ti es o
protagonista” .Necesidade constante
A Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue promove a colaboración da veciñanza nesta campaña de
doazón de sangue para asegurar o gran labor asistencial dos 32 centros
hospitalarios galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns diarias.
As
temporadas de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden cos períodos
das vacacións estivais. Por esa razón, desenvólvense accións informativas nos
concellos, para tentar garantir unha resposta adecuada co obxecto de cubrir a
demanda de compoñentes sanguíneos que necesitan os hospitais galegos. Nesta
campaña “Verán 2023: Ti es o protagonista” enmárcase a iniciativa que levará
mañá á Cidade de A Coruña unha unidade móbil de ADOS.
Campaña en A
Coruña
A unidade
móbil de ADOS estará mañá, 7 de xullo, na zona do Obelisco, de 09:30 a 14:30
horas e de 15:30 a 21:00 horas.