A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) participará esta
tarde nas xornadas de benvida do curso 2023-2024 da Universidade de
Santiago. Para iso, ADOS disporá unha mesa informativa no campus sur
ao carón das residencias universitarias con motivo dos Torneos
Deportivos. Todas as persoas que se acheguen entre as 17:30 e ás 21:30
ata a mesa poderán solventar dubidas e recoller información sobre
os distintos tipos de doazón.