Hoxe, luns 11 de
setembro, tivo lugar no salón de actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía
de Santiago de Compostela o acto de apertura do curso académico 2023-2024 e de
acollida dos alumnos e alumnas de primeiro. Ao longo do acto, presidido polo
seu decano, Julián Álvarez Escudero, tomou a palabra a directora de ADOS,
Marisa López García, para salientar a importancia do xeneroso acto da doazón de
sangue, posto que en moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario
nos hospitais galegos son
imprescindibles os compoñentes sanguíneos, sendo precisas entre 400 e
500 as doazón diarias para abastecer aos centros sanitarios de Galicia de
sangue e os seus derivados.SENSIBILIZAR E
PARTICIPAR
Na súa intervención, a
directora de ADOS apelou ao espírito
solidario dos alumnos e alumnas para que participen na campaña universitaria de
doazón de sangue que todos os anos ADOS leva a cabo en colaboración coa USC e
tamén, como futuros médicos, concienciando aos seus compañeiros e entorno máis
próximo da importancia de doar