O CIFP
A Carballeira de Ourense acolleu o pasado martes 26 de
setembro unha mesa informativa sobre doazón de medula ósea,
promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Ao
longo da xornada, os estudantes recibiron información sobre
este xeito de doazón e puideron resolver dubidas coas profesionais
de ADOS que atenderon a mesa na xornada matutina. Esta
iniciativa forma parte da campaña de información,
sensibilización e captación de doantes de medula ósea que está a
desenvolver a Axencia ao longo desta primeira fase da campaña
de doazón en centros docentes universitarios e non universirarios,
correspondente ao curso académico 2023-2024.