A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove o
día 12 de xaneiro
unha nova campaña
en colaboración co Centro Comercial As
Termas de Lugo,
na que todas
as persoas que acudan a doar recibirán como
agradecemento
unha entrada para
ir
ao cine.Unha
unidade
móbil de ADOS estará
situada
na entrada superior do centro comercial,
en horario de 9:30
a 14:30 e de 15:30 a 21:00 o
venres
12,
para
facilitar a doazón de sangue de todas as persoas que o desexen.
Neste
sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu
sincero agradecemento á Xerencia
do Centro Comercial As
Termas
por
esta nova colaboración,
que
pon en valor o xeneroso xesto da doazón,
recoñecemento que fai extensivo a todos
os
doantes
que, coa
súa xenerosidade,
contribúen
ao desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos.