ADOS CELEBRA O ENTROIDO AGASALLANDO ROSQUILLAS A TODAS AS PERSOAS QUE DOEN SANGUE O DÍA 12

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer co agasallo de rosquillas a todas as persoas que acudan a doar sangue este luns, 12 de febreiro, tanto nas unidades móbiles de ADOS como nos locais de doazón das sete grandes cidades galegas.


Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue queremos convidar a toda a cidadanía a doar sangue durante a xornada do luns de Entroido, unha data especialmente festeira na que ADOS quere agasallar, un ano máis, a todos os doantes de sangue polo seu altruísmo e inestimable colaboración que permite levar a cabo de maneira axeitada o gran labor asistencial dos centros hospitalarios galegos.​​

Comparte vida, únete a nós.