O CONCELLO DE A LARACHA SÚMASE Á CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE “VERÁN 2023: TI ES O PROTAGONISTA”

Santiago de Compostela, venres 7 de xullo de 2023.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración co Concello de A Laracha, a campaña especial “Verán 2023: TI es o protagonista” neste municipio coruñés. A iniciativa foi presentada esta maña nunha rolda de prensa que tivo lugar na Casa do Concello de A Laracha, que contou coa presenza  da directora de ADOS, Marisa López García, o alcalde larachés, José Manuel López Varela e a concelleira de Asuntos Sociais, Rocio López Rey.

Campaña en xullo e agosto

As persoas que desexen participar nesta campaña, poden acudir á unidade móbil de ADOS nos seguintes lugares e datas: Praza Concello de A Laracha os días 14 de xullo e 1 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. En Caión, a unidade móbil estará na Praza o 2 de agosto, de 16:00 a 18:30 horas; e en Paiosaco será no Campo da Feira, tamén ese mesmo día, de 19:00 a 21:00 horas.

Comparte vida, únete a nós.