A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE "TI ES O PROTAGONISTA" ACHEGARASE A VINDEIRA SEMANA ATA O CONCELLO DE OLEIROS

A campaña especial de doazón de sangue nos meses de verán "Ti es o  protagonista", que promove a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), achegarase ao concello de Oleiros o vindeiro xoves 17 de agosto. Con esta iniciativa ADOS quere por en valor o papel dos doantes de sangue e convidar á cidadanía a participar activamente nas campañas de doazón de sangue. ADOS lembra que todos os días do ano, mesmo nos meses de verán, resulta preciso obter entre 400 e 500 doazóns de sangue para abastecer aos hospitais galegos.

Comparte vida, únete a nós.