A EMPRESA TELEVÉS ACOLLE UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE


Ao longo da presente xornada, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ubicada na empresa Televés de Santiago de Compostela para atender a todos os profesonais que desexen doar sangue. O horario da unidade móbil é das 08:30 ás 14:30 horas.


ADOS quere agradecer a Televés as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, achegando este xesto solidario dentro das instalacións da propia empresa. A Axencia quere facer estensivo este recoñecemento a todas as empresas galegas que día a día acollen o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue de ADOS.​​

​​​​​​

Comparte vida, únete a nós.