O CENTRO COMERCIAL TRAVESÍA DE VIGO E ADOS AGASALLAN CUNHA ENTRADA DE CINE A TODAS AS PERSOAS QUE DOEN SANGUE OS DÍAS 7 E 9 DE DECEMBRO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove os días 7 e 9 de decembro unha nova campaña en colaboración co Centro Comercial Travesía de Vigo, na que todas as persoas que acudan a doar recibirán como agradecemento unha entrada para ir ao cine.


Os cidadáns que se acheguen a doar sangue na planta baixa, en horario de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 o xoves 7 e de 10:00 a 14:30 o sábado 9, recibirán por cortesía do Centro Comercial e de Ocio Travesía unha invitación válida para calquera día e sesión en Cine Yelmo Travesía, válida ata o 31 de marzo de 2024.


Neste sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu sincero agradecemento á xerencia do Centro Comercial Travesía pola súa colaboración, recoñecemento que fai extensivo a todos os doantes que, co seu xeneroso xesto, contribúen ao desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos.



​​​​​​​​​​​​​

Comparte vida, únete a nós.