O HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO DE VIGO ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará este mércores, 20 de decembro, na entrada principal do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en horario de de 9:30 a 14:30; para que todas as persoas, que así o desexen, poidan realizar o xeneroso acto da doazón de sangue.


Esta nova campaña de doazón no Hospital Álvaro Cunqueiro enmárcase dentro das colectas de sangue que ADOS realiza en empresas e organismos públicos ao longo de todo o ano, e que representan o 9% de todas as doazóns recollidas en Galicia.


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar a súa gratitude a todas as persoas que doan sangue de forma habitual pero, de maneira especial neste caso, a todos os usuarios e profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.


​​

Comparte vida, únete a nós.