BASES DOS CONCURSOS DE CARTEIS E CURTAMETRAXES PARA O CURSO 2023/24 ORGANIZADOS POLA COORDINACIÓN AUTONÓMICA DE TRANSPLANTES (ADOS)

Publicación e presentación da nova edición dos concursos organizados pola Coordinación Autonómica de Transplantes (ADOS)


VI CONCURSO DE CARTEIS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS

Establécense dúas categorías de participación para o alumnado matriculado durante o curso 2023/24:

A.- 5º e 6º de educación primaria

B.- 1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria (ESO)

Para cada unha destas categorías concederase un primeiro e un segundo premio:

• 1º premio consistirá nunha dotación económica por valor de 1000 euros destinado á adquisición de material escolar para o centro docente. O/a alumno/a e profesor/a recibirán cadansúa tableta.

• 2º premio consistirá dotación económica por valor de 500 euros destinado á adquisición de material escolar para o centro docente. O/a alumno/a recibirá uns auriculares e o profesor/a unha tableta.


X CONCURSO DE CURTAMETRAXES PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS

Dirixido a: Poderá participar no concurso de curtametraxes o alumnado de 4º da ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao básico, medio e superior e de ensino artístico regrado de todos os centros educativos, tanto sostidos con fondos públicos como privados, da Comunidade Autónoma galega .

• 1º premio consistirá nunha dotación económica por valor de 1.000 euros para o centro escolar / 1.000 euros destinados aos alumnos participantes e tableta para o titor do traballo.

• 2º premio consistirá nunha dotación económica por valor de 750 euros para o centro escolar / 750 destinados aos alumnos participantes e tableta para o titor do traballo.


IX CONCURSO UNIVERSITARIO DE CURTAMETRAXES RELACIONADO COA DOAZÓN E TRANSPLANTE DE MEDULA ÓSEA

Dirixido a: Alumnado matriculado durante o curso 2023/24 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia e nos centros asociados da UNED en Galicia.

• 1º premio consistirá nunha dotación económica por valor de 2000 euros para os alumnos participantes, para compra de material informático, audiovisual, deportivo ou de lectura.

• 2º premio consistirá nunha dotación económica por valor de 1500 euros para os alumnos participantes, para compra de material informático, audiovisual, deportivo ou de lectura.

• 3º premio consistirá nunha dotación económica por valor de 1.000 euros para os alumnos participantes, para compra de material informático, audiovisual, deportivo ou de lectura.​​​​​​​

Comparte vida, únete a nós.